Edicións e Producións Fetiche nace das marxes para dar visibilidade a proxectos singulares e diverxentes.
Fetiche é un pequeno selo editorial independente que tenta impulsar proxectos editoriais “con chispa” en lingua galega. Apostamos polo slow editing: dedicamos tempo a cada proxecto e permitímoslle medrar ao seu ritmo. Traballamos con mimo e “cociñamos a lume lento.”
Ademais, en Fetiche ofrecemos unha ampla gama de servizos lingüísticos especializados en lingua galega, incluíndo correccións ortotipográficas e de estilo, informes de lectura, deseño e desenvolvementos de formacións en lingua galega. Tamén proporcionamos acompañamento e consultorías en procesos creativos e organizamos obradoiros culturais e artísticos.
Dedicación á calidade e ao amor pola cultura e a lingua. Pequenos en tamaño, grandes en corazón!