
Abraham Pérez (Lugo, 1990)
É autor dunha obra aberta e en curso que inclúe os poemarios Fragmennto/Creba (Editorial Galaxia, 2020), unha teoría para os espectros (2º Premio no III Certame Torre de Caldaloba. Toxosoutos, 2021), o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia), do ensaio Sacho de seda (Menino Morreu, 2023), da novela O paso en falso (Finalista no XXXIV Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega. Editorial Galaxia, 2023), do diario Gaivotas manchadas de petróleo (Menino Morreu, 2024) e do volume de relatos A vida a arder (Editorial Galaxia, 2025).
Acadou o Accésit no XXV Certame de Poesía Francisco Añón coa obra toxicidade e no 2025 resultou vencedor do 1º premio no VIII Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Chernóbil revival.
Amais de desfrutar de distintas bolsas para a creación e a investigación artística, ten desenvolvido intervencións artísticas en museos e galerías de arte contemporánea.
A súa obra foi traducida ao inglés, francés, portugués e español.

