Diagnóstico
··· – – – ···

Morde as unllas
  con coidado
  de non pasarme e converterme en canibal

Morde os beizos
  sen chegar a facer sangue
  por medo ao vampirismo

Morde a lingua
  con delicadeza
  para non envelenarme sen querer

Nótase un desgaste avanzado
Perda de esmalte nos incisivos
e bruxismo grave nos premolares
O máis rápido será unha retención metálica para as noites

Nótase todo menos que
mastigo de maneira compulsiva un
ese-o-ese en código morse