No verán de 2018, nunha conversa inspiradora arredor dun café, o artista gráfico Davida e a creadora poética Vanessa Glemsel decidiron unir forzas para crear algo: Edicións e Producións Fetiche. Na actualidade, a señorita Glemsel dirixe o selo coa inestimable axuda de diversas colaboracións.
Edicións Fetiche salta onde menos o esperas: se tes unha proposta atrevida, un manuscrito que precisa ver a luz, interese polos nosos obradoiros de creación literaria ou simplemente curiosidade por coñecernos, non dubides en CONTACTAR connosco. Adoramos explorar novas ideas e colaborar en proxectos que desafíen os límites da creatividade. Sempre é un pracer!