Ensalada Tropical é unha pequena peza de poesía escénica pensada para lugares de dimensións reducidas e público limitado, ideal para interiores e espazos non escénicos,  que busca a interacción directa cos asistentes.

O azar, a intervención do público e a voz espida da poeta xeran un recital irrepetible, diferente cada vez.

Ensalada tropical crea un lugar de diálogo íntimo no que non existen medios técnicos, o verso convertese nunha sorte de dardo que impacta directamente no oínte nunha decidida aposta pola comunicación e a oralidade.

Descargar: Dossier_Ensalada_Tropical