Ismael Guisande

El é quen nos vende e distribúe fisicamente polo mundo.

Músico e  titiriteiro, non usa redes e afirma “non son bo, son escaso“, pois toca a tuba.

Asalariado das notas, “bolero” ocasional,  arranxador de partituras, colaborador incansable en diversos proxectos. Ademais,  foi  integrante de múltiples agrupacións musicais en Galicia entre as que destacan a Fanfarria Taquikardia,  A Polémica Banda dos Bechuchos, Folk de Coiro, Storrentos, A Compañía do Ruído etc.