Jorge Rodríguez Durán (Vigo, 1993)
Nacín no Hospital Xeral de Vigo en outubro do 93 sendo unha pedra de granito, e ata hoxe.
Polo medio quedei traumatizado coa morte de Lady Di, vin Paixón de Gaviláns cinco veces e tamén conseguín graduarme en lingua e literatura inglesas pola USC.
O meu micropoemario O Sentido Común (@o_sentido_comun) quedou segundo no III Certame
Literario Mazarelos.
Tamén fun segundo (eterno Bisbal) no I Maratón literario de poesía de autor da Biblioteca de Cuntis co poema ‘Esnafrei’. Ademáis publiquei o conxunto Manual
de estilo en 2019, baixo o paraugas editorial Leite Edicións, e algúns dos meus textos foron incluídos na antoloxía Poesía galega novísima, publicada por Urutau en 2020.