CANCELADO POLA CORENTENA DO COVID-19

18 de abril de 2020 en Simia Espacio a partir das 10:00 ata as 13:00

Xogar coa fantasía, traballar coas mans, crebar tabús…
Un sábado radicalmente diferente!
Diversidade sexual, veganismo, kink, xestión de residuos, feminismo…Todo isto e moito máis converxe no Obradoiro de Manualidades Kink con El Garaje de Santa Águeda no que faremos o noso propio flogger feito con materiais de refugallo recuperados (caucho e madeira).

Traballar coas mans abre o apetito e por iso a organización convida a petiscos veganos, tés e café.

Reserva a túa praza, só hai 20!*

30€ (material incluído)

Chama para máis información 693 028 024

El Garaje de santa Águeda dedícase á recuperación de materiais de refugallo e reconversión do lixo en artesanía kink con deseños personalizados sen sufrimento animal. Ademais, permite a apertura de espazos de diálogo sobre o desexo, a fantasía e as prácticas dende a diversidade sexual e o feminismo.

Crecemento persoal, autoxestión e compartir experiencias son as guías fundamentais do proxecto, O Garaxe de Santa Águeda, dedicado á reconversión de caucho en accesorios sexuais, sempre con amor e cariño.

 

Organizan:

Fetiche
Simia Espacio
Sara García – PELUQ art
El Garaje de Santa Águeda

*No caso de non cubrir  un mínimo de prazas a organización resérvase o dereito de suspender a actividade.