O CAN DO URCO

O can do Urco
é grande e negro
ten cornos longos
a min dáme medo

Seica ten cadeas
extensas
como longas as orellas
anda ouleando de noite
pola aldea de Cortegada

Cala canciño fermoso
cala canciño bonito
se non me ladras moito
douche este anaco de touciño