Acórdaste cando nos coñecemos
eu non
Jimi Hendrix e Bob Dylan ensaiaban no salón
e eu fumaba flais con Manolenta e escribimos Bohemian Rhapsody
agora só cruzo a Pola por ti e polos pinchos do café
Boladro
vou con bermudas rechamantes, ata no inverno
e unha gorra de propaganda chea de pins
e acórdome todos os días
no paso de peóns da xeral
acórdome de cando te descoñecín
para posteriormente reinventarte.