Edicións e Producións Fetiche nace das marxes para dar visibilidade a proxectos singulares e diverxentes.

Somos un pequeno selo independente que desenvolve traballos editoriais e escénicos vencellados, principalmente, ao mundo literario, ademais de obradoiros culturais e outros eventos.

No verán do 2018 arredor dun café o artista gráfico Davida e a creadora poética Vanessa Glemsel xuntaron forzas para apostar polo diálogo entre diferentes artes, ese foi o xermolo de Edicións e Producións Fetiche, literatura extra! Na actualidade, a señorita Glemsel dirixe o selo coa inestimable axuda de diversas colaboracións.

Onde menos podes imaxinar salta Fetiche, se tes algunha proposta tola, un libro esquecido nun caixón, interese polos nosos obradoiros, precisas información ou calquera cousa que che pase polo maxín, non dubides en CONTACTAR con nós. Sempre é un pracer!