Ex-céntricas

13,00

título: Ex-céntricas
autoría: Ánxela Lema París e Sara Villar Aira
isbn: 978-84-123034-2-1
idioma: galego
encadernación: rústica
formato: 12,0 x 18
páxinas: 85 páxinas
papel: offset estándar 90 gramos
ano de edición: 2022
edición: 1ª

Descripción

Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.

Enchéndonos de música da Philarmonie de París, espidas de medo, escribíndose libres, baleas en perigo de excitación, as
voces líricas do texto reclaman que o amor se faga pandemia ou, polo menos, verbena de verán. 

Andrea Nunes Brións