Descripción
A vida é contemplar un xerro de cerámica chinesa, mentres valora mos a posibilidade de que unha corrente de aire poida guindalo da súa estreita peana. Na experiencia da observación temos dúasalternativas: concentrarnos e perder os ollos nas filigranas esmaltadas ou
deixarnos levar pola obsesión lacerante da caída. Esa que teima en imaxinar unha e outra vez o desastre, a coreografía dramática daos fragmentos guindados polo chan, a beleza dun salón vitoriano que esportela e quebra sen remedio. Nese dúo de opcións, COSMO(a)GONÍA, defínese e toma partido reafirmando o dereito ao imperfecto, ao asimétrico, ao desemparellado, a capacidade de fuxida. Á frase recorrente de nais e avoas “todo ten remedio menos a morte”, este poemario responde:ABDUCÍDEME / xa non quero estar aquí máis tempo